Os casos relacionados co brote de Caldas elévanse a 12 tras dous novos positivos

O primeiro positivo podería ser o dun traballador do porto de Vilagarcía, que contaxiaría á súa muller.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/08/2020 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Os casos relacionados co brote da COVID-19 detectado en Caldas de Reis eleváronse a 12 tras dous novos positivos nas últimas horas. Ademais, segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, hai 15 contactos en corentena aos que tamén se lles está facendo un seguimento.

En concreto, conforme sinalaron outras fontes consultadas por Europa Pres, trátase de casos vinculados a unha familia de orixe estranxeira. O primeiro positivo podería ser o dun traballador do porto de Vilagarcía, que contaxiaría á súa muller.

Precisamente, o positivo da muller, traballadora dun bar de Caldas, motivou o peche deste establecemento como medida de prevención.

Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA
Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta