O BNG pide ao Goberno e á Xunta que deixen de "bailar ao son" de Alcoa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pide ao Goberno central e á Xunta que deixen de "bailar ao son que marca Alcoa" e interveñan a planta de San Cibrao. Pontón reclamou que o Estado e o Executivo galego "se poñan a bailar ao son que lle convén a Galicia e aos traballadores da factoría".

Este venres, a portavoz nacional do Bloque achegouse a falar cos traballadores concentrados ante o Parlamento con motivo da sesión constitutiva, momento no que se escoitaron berros de "presidenta, presidenta".

Alí, Ana Pontón defendeu que a solución para salvar a produción e o emprego na fábrica da Mariña pasa pola nacionalización coa intervención pública do Estado e a Xunta, así como por unha tarifa eléctrica galega. "Para aplicar esta solución só fai falta vontade política e o BNG tena", asegura. "Desde logo, as cubas non poden apagarse e imos seguir traballando para darlle futuro A Mariña", agrega.

Así, acompañada dos tamén deputados do Bloque Olalla Rodil e Daniel Castro, manifestaron o seu apoio ás 1.500 familias directamente afectadas o peche da fábrica.

Ana Pontón achégase a falar a traballadores de Alcoa ante o Parlamento. BNG
Ana Pontón achégase a falar a traballadores de Alcoa ante o Parlamento. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta