Medo á segunda onda de Covid-19: residencias de catro das sete áreas sanitarias galegas suspenden as visitas

Son centros das áreas de Ourense, A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2020 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Residencias de maiores de catro do sete áreas sanitarias galegas --de Ourense, A Coruña, Pontevedra e Vigo-- suspenderon as visitas debido á situación epidemiolóxica pola COVID-19. Así o informaron fontes da Consellería de Política Social, que indicaron que na área da Coruña e Cee, onde se rexistran varios brotes --entre eles un con 58 casos relacionados cun ximnasio de Arteixo--, suspendéronse as visitas e saídas en todas as residencias.

Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat
Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat | Fonte: BRILAT.

Mentres, na área sanitaria de Ourense, suspendéronse visitas en residencias dos municipios de Chandrexa de Queixa (Residencia municipal), Beariz (Residencia San Antonio), Baños de Molgas (Residencia Asuíña) e Avión (Residencia de Maiores Alvetus).

Pola súa banda, na área de Pontevedra suspendéronse as visitas na Residencia Hermanitas de Caldas de Reis, municipio que rexistra un brote con 12 casos; mentres que na de Vigo tomou a mesma medida a residencia de San Pedro de Crecente, "por decisión propia", aclararon as mesmas fontes.

A día de hoxe nas áreas sanitarias de Lugo, Santiago e Ferrol non ha residencias con visitas suspendidas. No entanto, por parte de Política Social puntualizaron que o protocolo da Xunta "contempla a posibilidade de restrinxir as visitas no caso de que se rexistren casos positivos no centro residencial ou no concello onde se empraza, sempre que así o establezan as autoridades sanitarias".

Respecto diso, Política Social lembrou que "o Goberno galego ten en marcha un amplo protocolo elaborado polas autoridades sanitarias que garanta a seguridade e saúde tanto das persoas usuarias como tamén dos traballadores.

DOUS CASOS

En relación á situación epidemiolóxica das residencias de Galicia, segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Sanidade e Política Social, mantéñense con dous traballadores infectados con coronavirus COVID-19 nas localidades lucenses de Xove e Paradela, mentres que non hai usuarios contaxiados.

En concreto, do total de casos rexistrados en Galicia ata este venres hai dous vinculados con centros residenciais, que corresponden a un traballador da Residencia de Maiores de Paradela e dunha empregada da Residencia de Maiores San Bartolomeude en Xove.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta