Temas: INCENDIOS TOéN

Activo un incendio en Toén, cun amplo dispositivo de medios aéreos

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/08/2020 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Un incendio atópase activo no municipio ourensán de Toén desde as 17,40 horas deste venres, nunha xornada na que varios lumes afectan á provincia.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, nas tarefas de extinción participan nove avións, nove helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, dous axentes, unha pa e un técnico.

Polo momento non hai estimación de hectáreas queimadas neste lume, aínda que provoca unha visible fumareda na zona.

Incendio en Toén
Incendio en Toén | Fonte: Maruxa Suárez, @maruskasuarez en Twitter.

Temas: INCENDIOS TOéN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta