O PSOE desmárcase da moción de censura de Castrelo de Miño e insta o BNG a "abandonar contos de ciencia ficción"

Pide aos nacionalistas "centrarse en fortalecer a todas as forzas progresistas no municipio para facer fronte ao caciquismo do PP".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/08/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O PSOE de Ourense instou ao BNG a "abandonar os contos de ciencia ficción" ao acusar os socialistas de impulsar unha moción de censura co PP en Castrelo de Miño contra o actual rexedor, o nacionalista, Esteban Suárez.

Esteban Suárez
Esteban Suárez | Fonte: BNG Castrelo de Miño.

"Os nacionalistas do BNG deberían deixar de inventar unha realidade paralela que non existe e deberían centrarse en fortalecer a todas as forzas progresistas no municipio para facer fronte ao caciquismo do PP desde a unión e o respecto mutuo", sinalaron os socialistas.

O PSOE de Ourense sinala que o ocorrido en Castrelo de Miño é unha situación "absolutamente anómala" que os socialistas condenan con "rotundidade" polo que piden tamén ao BNG que "deixe de acender o ventilador contra as forzas de esquerdas" e "se poña a traballar" para que, nas próximas eleccións locais os nacionalistas "non volvan perder dous edís.

A portavoz do grupo municipal Catalina González denuncia a "manifesta inxustiza" que, na súa opinión, supón a campaña de "desprestixio" iniciada polo BNG e pediu "respecto" aos nacionalistas.

"Debe de cumprirse a vontade do pobo e a corporación municipal debe de respectar o que decidiron democraticamente as urnas", incidiu a portavoz socialista, que considera que "manipular a realidade con mentiras tamén prexudica a democracia".

Ademais, sinalou que a agrupación municipal socialista xa expresou o seu apoio ao pacto de goberno co BNG e ratificaron de novo que están "en contra" de calquera moción de censura ou posible pacto co PP".

Por último, subliña que os edís díscolos Jaime Fontales e Francisco Pérez "non forman parte do partido" desde "o mesmo momento no que asinaron esta deplorable moción de censura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Moi ben explicado neste artigo de opinión // http://www.galiciaconfidencial.com/... Gonzalito Caballero debera mirar máis a quen pon nas listas electorais nos concellos de Galicia (?) O transfuguismo seica é constitucional !!!

1 Gamela

Xa xa... non eran socialistas cando asinaron a moción ?