A Covid-19 volve penetrar nas residencias de anciáns en Galicia: primeiro positivo logo de 39 días sen casos

Trátase dun maior da residencia Domusvi de Matogrande, na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2020 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Un maior usuario da residencia Domusvi de Matogrande, na Coruña, deu positivo por coronavirus, de acordo cos datos actualizados este sábado polas consellerías de Sanidade e Política Social.

Residencia de maiores
Residencia de maiores | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Ademais, seguen figurando como casos activos relacionados coas residencias de maiores os de dous traballadores: unha muller empregada na Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove (Lugo) e un traballador da Residencia de Maiores de Paradela, na mesma provincia.

As residencias non tiñan ningún caso positivo entre os maiores desde o 30 de xuño.

Precisamente, entre as medidas adoptadas para a área sanitaria da Coruña-Cee están a suspensión das visitas e saídas das residencias e o peche dos centros de día. Na área hai este sábado un total de 246 casos activos, 69 máis que onte, parte dos cales están relacionados cun brote vinculado a un ximnasio en Meicende, no municipio de Arteixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta