Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2020 | Actualizada ás 19:04
O incendio forestal rexistrado na madrugada deste sábado no municipio coruñés de Lousame foi controlado, mentres que a superficie afectada polas chamas no incendio orixinado en Portugal e que afecta a Lobios, en Ourense, elevouse a 70 hectáreas.
A Consellería de Medio Rural informou de que o declarado na parroquia de Tállara, en Lousame, quedou controlado sobre as 18,30 horas deste sábado e a súa superficie ascende a 60 hectáreas.
Sobre este lume, fontes do departamento autonómico explicaron que foi detectado ás 5,07 horas e con dous focos, apunta a "intencionalidade".
Pola súa banda, as hectáreas queimadas no incendio de Lobios (Ourense), no que se estrelou un avión anfibio e provocou a morte dun dos pilotos e feridas graves ao outro, ascenden xa a 70, de acordo coa última actualización de superficie afectada.
A Xunta informou a través da conta de Twitter do 085 das últimas estimacións de superficie afectada neste lume que segue activo e que se declarou cara ás 8,00 horas na parroquia de Manín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.