Novo brote de coronavirus en Ourense importado de Santo Domingo

Afecta a unha muller procedente da República Dominicana e aos seus dous fillos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 09/08/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Ourense rexistra un novo brote de COVID-19, que afecta a unha muller, procedente de Santo Domingo (República Dominicana), e aos seus dous fillos. Este foco foi detectado tras realizárselle á muller unha PCR preventiva, posto que tiña síntomas leves, informaron fontes sanitarias.

Test coronavirus
Test coronavirus | Fonte: Europa Press

O brote detectouse o sábado, tras dar positivo a muller, unha viaxeira de 25 anos que se atopa illada no seu domicilio no Concello de Ourense. Ao rastrexar os seus contactos máis estreitos, a área sanitaria detectou outros dous casos positivos, os dos seus dous fillos, que non presentan síntomas.

Ademais, de acordo co protocolo da Consellería de Sanidade, está a facerse un seguimento dos contactos estreitos, que deben gardar corentena durante 14 días.

Por outra banda, foi dada de alta unha paciente de 79 anos que estaba ingresada en Ourense tras contaxiarse coa enfermidade no brote de Baños de Molgas. Estaba no centro hospitalario desde o 29 de xullo e atópase agora no seu domicilio illada, controlada e monitorada por Sanidade.

Deste xeito, os casos activos na área sanitaria de Ourense subiron este domingo a 41, catro máis que o sábado. Dous dos afectados atópanse ingresados en planta no Hospital Universitario de Ourense e 39, en seguimento domiciliario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta