A contaminación na era Covid: O Grove retirou 201 máscaras do chan nunha semana

Estes materiais deben desbotarse no colector de lixo orgánico e de xeito separado ao resto de refugallos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2020 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A semana do 28 de xullo ao 3 de agosto retiráronse do chan das rúas do Grove 201 máscaras e 80 luvas. O Concello do Grove puxo en marcha un plan especial de limpeza hai máis de dous meses cun reforzo de traballo de limpieza das rúas por mor da Covid-19.

Dúas persoas protexidas con máscaras toman o sol na Praia da Rapadoira en Foz, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia (España), a 9 de xullo de 2020. O pasado 5 de xullo a Xunta ordenou o peche ata mañá 10 de xullo dos accesos do dis. Carlos Castro - Europa Press

"Esta información resulta moi pouco tranquilizadora, dado o carácter especial destes materiais, que deben desbotarse adecuadamente no colector de lixo orgánico, preferentemente, de xeito separado co resto de refugallos do domicilio", indica o Concello do Grove.

Dende o Concello do Grove fan un chamamento á poboación para que sexa consciente da gravidade deste comportamento e para que teña especial coidado con estes elementos de protección, tan fundamentais no período actual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta