28 traballadores faleceron en accidentes laborais no primeiro semestre en Galicia, quinta autonomía con máis mortes

Hai unha morte menos en comparación co mesmo período de 2019.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/08/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 28 falecidos en accidente laboral no primeiro semestre deste ano, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Traballador, nunha obra pública en Vigo durante a pandemia de Covid-19
Traballador, nunha obra pública en Vigo durante a pandemia de Covid-19 | Fonte: © Miguel Núñez.

En España producíronse un total de 354 traballadores falecidos. Galicia sitúase no quinto posto con maior número de mortes, por detrás de Andalucía (56), Cataluña (45), Comunidade Valencia (44) e Castela e León (35). Os 28 decesos en territorio galego son os mesmos que rexistra Madrid e Castela-A Mancha.

Do total, 27 dos sinistros con falecidos en Galicia producíronse na xornada laboral e un en itínere. Estas 28 vítimas mortais supoñen unha menos que as 29 do primeiro semestre de 2019, aínda que este ano estivo marcado polo confinamento e o estado de alarma a raíz do coronavirus.

Por provincias, Pontevedra está á cabeza en vítimas mortais (11), seguida pola Coruña (10) e Lugo (7). En Ourense non houbo ningún falecido.

Galicia rexistrou un total de 11.493 accidentes laborais no primeiros seis meses do ano. Entre eles, ademais dos mortais, houbo 207 graves e 11.258 leves. De tal forma, os sinistros caen de forma global un 25 respecto dos 15.288 do primeiro semestre de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta