GC Aberto

Artigo en Italia sobre O club da calceta de María Reimóndez

Por gcaberto | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2020

Comparte esta noticia

A web italiana www.insulaeuropea.eu/ acolle un artigo de Silvia Corelli sobre O club da calceta de María Reimóndez, traducida ao italiano por Attilio Castellucci en 2007 (Il club della calzetta. Milán: Gran via). Para alén da lectura orixinal que realiza da novela, a autora reflexiona sobre o impacto do feminismo en Galicia e a influencia que tivo esta descuberta nas investigacións que estaba a realizar cando chegou a Santiago de Compostela sobre a presenza da muller na literatura. Mais a pegada do feminismo galego tamén se deixou notar na súa vida persoal e na posición que ocupaba na sociedade como muller.  

O clube de Calceta, de María Reimóndez/Amazon.es O clube de Calceta, de María Reimóndez/Amazon.es
O clube de Calceta, de María Reimóndez/Amazon.es O clube de Calceta, de María Reimóndez/Amazon.es

Pódese consultar o texto italiano nesta ligazón.

A web Insulaeuropea.eu, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega.  

Prof. Carlo Pulsoni

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta