A Garda Civil localiza máis de 3.300 pezas falsificadas nun vehículo tras asistir a catro mulleres nunha avaría en Xinzo

O material ocultábase en caixas de froita.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 11/08/2020 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense procedeu a investigar a catro persoas por un suposto delito contra a propiedade industrial ao serlles incautadas 3.200 pezas falsificadas. A mercadoría foi descuberta no vehículo no que circulaban tras asistilas uns axentes por unha avaría.

Roupa falsificada intervida na provincia de Ourense
Roupa falsificada intervida na provincia de Ourense | Fonte: Garda Civil.

Segundo informou o Instituto Armado, sobre as 10,30 horas do pasado venres, 7 de agosto, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín detívose no punto quilométrico 190 da autovía A-52 (Benavente-O Porriño), no termo municipal de Xinzo de Limia, para auxiliar ás ocupantes dunha furgoneta que se atopaba avariada na beiravía dereita do sentido O Porriño.

Ao ser preguntadas onde se dirixían, para que o servizo de asistencia en viaxe lles xestionase o taxi e o guindastre, responderon, relataron as mesmas fontes, "que ían a Ourense, porque os días sete de cada mes montan alí o seu posto no merco de vendedores ambulantes".

Mentres agardaban a resposta da compañía aseguradora, os gardas civís, "efectuaron unha somera inspección da parte posterior do vehículo, destinada á carga, onde descubriron ocultos en caixas de froita, uns estoxos de plástico transparente que contiñan pezas de roupa interior" de marcas rexistradas como Calvin Klein, Tommy Hilfiger, Dolce & Gabanna, Hugo Boss, Fila e Quiksilver.

Ao existir indicios racionais de que puidesen tratarse de falsificacións, ás que se lles incorporou os logotipos, símbolos e imaxes das citadas marcas comerciais, indicóuselles ao taxista que e ao condutor do guindastre, que tomasen a saída 193 e se dirixisen á área de servizo de Xinzo de Limia, onde se efectuaría "unha minuciosa inspección do xénero transportado", indicou a Benemérita.

Como resultado do rexistro, foron descubertas e aprehendidas 3.327 pezas de roupa interior masculina e feminina, que "poderían alcanzar no mercado un valor aproximado de 35.000 euros", subliñan as mesmas fontes.

Por todo iso, as responsables das mercadorías, foron trasladadas ao Posto da Garda Civil de Xinzo de Limia, onde se lles informou dos dereitos que lle asistían como investigadas pola suposta comisión dun delito contra a propiedade industrial e que os artigos intervidos, xunto co correspondente atestado, serían remitidos á autoridade xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta