Así se protexen as adegas contra a Covid-19 para a vendima

Adegas Marqués de Vizhoja afronta a súa primeira vendima tras a declaración da pandemia do coronavirus cun protocolo de actuación para protexer a saúde das 150 persoas.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 11/08/2020 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

Adegas Marqués de Vizhoja afronta a súa primeira vendima tras a declaración da pandemia do coronavirus cun protocolo de actuación para protexer a saúde das 150 persoas que participarán nas tarefas de recolección, selección e transporte de uvas durante a campaña deste ano.

Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima.
Marqués de Vizhoja pon en marcha un protocolo de seguridade durante a vendima.

Así, convértese na primeira adega galega que conta cunha Guía de Boas Prácticas e un sistema anti-Covid para os vendimadores, un protocolo que recolle as recomendacións das autoridades sanitarias e a opinión de expertos consultados pola compañía.

Tal e como explicaron, os traballadores procederán de áreas xeográficas próximas a Arbo. Segundo o protocolo, o 100% do persoal deberá levar máscara e no control de entrada á adega realizarase a diario unha comprobación da temperatura corporal. A empresa porá a disposición dos traballadores hidroxel para a desinfección de mans.

A maiores, Adegas Marqués de Vizhoja "reducirá ao mínimo" o contacto físico durante a vendima, cunha distancia de, polo menos, dous metros e ao final de cada xornada laboral procederase a unha completa desinfección das instalacións e de todo o material utilizado na recolección.

A circulación polo viñedo será mediante a designación dun tramo determinado por persoa e realizarase nas dúas direccións, co que se evita a aproximación a outros xornaleiros. A entrada e a saída, tanto á adega como aos viñedos, será graduada.

No caso de que algunha persoa presente síntomas, xa sexa nas instalacións da adega ou no seu domicilio, Adegas Marqués de Vizhoja porá en marcha os protocolos fixados polas autoridades sanitarias, ratificaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta