“De bruzos”, equivalente á locución castelá “de bruces”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 17/08/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Se se quere dar a entender que unha persoa se atopa nunha postura en que ten a cabeza cara a adiante en relación co resto do corpo e a faciana en dirección ó chan (ou sexa, boca abaixo), en castelán é habitual utilizar a locución preposicional de bruces. En galego temos unha moi semellante: de bruzos.

Pelexa entre mulleres
Pelexa entre mulleres | Fonte: Youtube

De bruces

{= Inclinada unha persoa coa cabeza cara a adiante en relación co resto do corpo e a faciana en dirección ó chan (isto é, boca abaixo).}

De bruzos

● E mesmo tamén:

Debruzado

Debruzado

Ex.: Lo vimos a lo lejos, de bruces, apoyado en el alféizar de la ventana.

Vímolo ao lonxe, de bruzos debruzado, apoiado na soleira da xanela.

Ex.: Quiere disimular, pero la verdad es que se va haciendo viejo y ya no le resulta fácil ponerse de bruces y beber por el caño de la fuente.

Quere disimulalo, pero o certo é que se vai facendo vello e xa non lle resulta doado pórse de bruzos pórse debruzado debruzarse e beber polo picho da fonte.

NOTAS:

1. Nalgúns contextos, e normalmente asociado a un rexistro máis ben familiar e popular, tamén se usa o verbo afociñar(se) ou o seu participio afociñado:

Ex.: Quere disimulalo, pero o certo é que se vai facendo vello e xa non lle resulta doado afociñar(se) pórse afociñado e beber polo picho da fonte.

Ex.: Bebió de bruces.

Bebeu de bruzos. & Bebeu afociñado.

Ex.: Se puso de bruces y bebió.

Púxose de bruzos e bebeu. & Afociñou(se) e bebeu.

2. Así mesmo, e en función dos contextos, tamén son susceptibles de se empregaren outras locucións e voces sinónimas da referida de bruzos (de nefres ou de fociños, por exemplo), tal e como veremos nas dúas próximas entregas.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Aguirre del Río, Luís: Diccionario del dialecto gallego. Ano 1858, Edición de Carme Hermida Gulías. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta