Cs insta á Xunta a "garantir" o inicio do curso escolar en Galicia

Beatriz Pino denuncia que existen "moitas dúbidas e poucas certezas" a falta dun mes para que comecen as clases.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, instou á Xunta a "garantir" o inicio de curso escolar con "máis docentes" nun contexto marcado pola pandemia do coronavirus e a existencia de rebrotes. "Nin docentes nin familias están tranquilas", pois "a falta dun mes para o inicio do curso hai moitas dúbidas e moi poucas certezas", manifestou nun comunicado remitido aos medios.

Beatriz Pino reclama que se contrate "a máis docentes para optimizar o control sobre os alumnos en relación ao cumprimento das medidas de prevención do Covid-19". "Os docentes, pese ao gran esforzo que fan, non poden ter sobre os seus ombreiros toda a responsabilidade de vixiar que os nenos cumpren as medidas de seguridade", indicou.

Neste sentido, instou á Xunta de Galicia a "asumir a responsabilidade xurídica" que se puidese derivar polos posibles contaxios entre os alumnos, os docentes e o persoal auxiliar nos centros escolares.

SEN CLASES DE REFORZO

Así mesmo, lamentou que este verán non se programaron clases de reforzo para "amortecer os efectos do parón vacacional". Por iso, expón unha avaliación inicial en setembro para determinar o nivel de cada alumno co fin de reforzar aos máis atrasados.

A responsable da formación liberal en Galicia tamén propuxo que se reforce a formación dos docentes en materia de ensino en liña. "A falta de previsión tivo como consecuencia a ampliación da brecha educativa en función dos recursos económicos de cada familia, pois os alumnos de familias vulnerables teñen máis dificultade para seguir as clases se non teñen acceso ao soporte informático adecuado", indicou.

A candidata de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro. CIDADÁNS GALICIA - Arquivo
A candidata de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro. CIDADÁNS GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta