Detectado outro foco familiar en Ourense con tres casos

Foi tras unha PCR preventiva a un home con síntomas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/08/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou outro brote familiar no municipio de Ourense con tres casos positivos tras realizar unha PCR preventiva a un home de 36 anos que presentaba síntomas leves.

Segundo informaron por parte da área sanitaria ourensá, este martes detectouse en Ourense un novo caso positivo de COVID-19 tras realizarlle unha proba diagnóstica preventiva a un home de 36 anos que presentaba "sintomatoloxía leve". Este home atópase en situación de illamento no seu domicilio.

O labor de seguimento dos seus contactos máis estreitos realizada pola área sanitaria, e unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes, detectaron outros dous novos casos positivos dentro da súa contorna familiar, na súa muller de 34 anos e a súa filla, que no momento actual non presentan síntomas da enfermidade e atópanse todos en illamento domiciliario.

En canto aos outros brotes na provincia de Ourense, as mesmas fontes apuntan que este martes pola tarde produciuse outra alta a domicilio dun home de 82 anos relacionado co brote de Baños de Molgas, que se mantén con tres afectados.

Mapa de brotes na provincia de Ourense.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE
Mapa de brotes na provincia de Ourense.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta