A Xunta prohibirá fumar ao camiñar pola rúa ou en terrazas se non hai distancia de seguridade

A medida, aínda por concretar, entrará en vigor esta medianoite e afectará a todo o territorio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O comité clínico de expertos en materia de prevención da COVID-19 abordou na súa reunión deste mércores a posibilidade de prohibir fumar mentres se camiña pola rúa ou se está en espazos públicos permitidos --como terrazas-- se non se garante a distancia de seguridade. Así o explicou, durante unha rolda de prensa posterior ao encontro, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que detallou que os expertos consideran o fume do tabaco "un factor de difusión" do virus.

"Os membros do comité coinciden en que fumar sen limitación nunha terraza con persoas próximas ou en zonas sen distancia é un risco alto de infección", dixo Núñez Feijóo, que aposta por "prohibir fumar nas rúas ou en lugares públicos nos que a distancia non é posible", así como "cando se estea en tránsito ou en movemento".

Por iso, na orde que se publicará no Diario Oficial de Galicia na tarde deste mércores, avanzou o presidente, incluirase unha medida deste tipo, que se concretará tras as consultas pertinentes e que afectará a toda Galicia a partir da medianoite. "O lóxico é non poder fumar", finalizou Núñez Feijóo.

Do mesmo xeito, na orde do DOG tamén se precisará se, finalmente, se amplía a máis concellos a orde de peche do lecer nocturno, que, actualmente, afecta a nove municipios da comarca da Coruña: A Coruña cidade, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Carral, Abegondo e Bergondo.

Apagando un cigarro
Apagando un cigarro | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Un médico

O fume (partículas sólidas) leva asociadas directamente microgotas directas dos pulmóns, gorxa e boca. Co fume poden chegar máis lonxe aínda (ata 4 ou 5 metros). Só estarás protexido e non ao cen por cen con unha kn95 ou superior se tés a desgraza de estar ao lado dun contaxiado por exemplo nunha terraza ou lugar similar. Este é un dos factores que explica un maior contaxio en España con respecto a outros países europeos nos que se fuma moito menos e incluso nunha mesa ao lado chegan a preguntarche se te molestan se fuman.