Acusan á Xunta de conceder a licencia dunha mina que podería ser radioactiva sen cumprir cos trámites obrigatorios

O plano da explotación foi fragmentado "artificiosamente" para non ter que desenvolver unha avaliación de impacto ambiental, segundo denuncian Ecoloxistas en Acción e Contraminacción. O proxecto afectaría a 5 concellos de Ourense e Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta estaría a conceder a explotación dunha mina sen desenvolver a evaluación de impacto ambiental necesaria para o trámite. Esa é a denuncia que as plataformas Ecoloxistas en Acción e Contraminacción vén de facer con respecto ó proxecto mineiro Alberta I, que abrangue unhas 1.500 hectáras entre Ourense e Pontevedra. Segundo apuntan as organizacións ecoloxistas, o trámite de concesión da parcela estaríase a desenvolver "con exención do procedemento de evaluación de impacto ambiental" cando nesta explotación súbterranea "se dan todas e cada unha das circunstancias" previstas pola lei para realizar o procedemento de evaluación amentado.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Archivo
Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Archivo

Segundo destacan dende Ecoloxistas en Acción, o proxecto -que, apunta, abrangue unhas 1.500 hectáreas dos concellos de Avión, Beariz, Forcarei, a Lama e Cercedo- tería sido distribuído de xeito "artificioso" en multitude de pequenas parcelas para así evitar a evaluación de impacto ambiental. "É una práctica habitual das mineiras que a Xunta de Galicia ven permitindo ilegalmente", subliñan dende a plataforma.

ELEMENTOS RADIOACTIVOS

 

A necesidade de desenvolver o devandito informe viría marcada porque é "máis que probable" que a mina conte con "elementos radioactivos" asociados cos minerias que alí se pretenden explotar, a tantalita e a casiterita; segundo defendenden dende Contraminacción. A plataforma explica que as substancias serían machadas e disoltas, de xeito que poderían rematar "contaminando acuíferos" e "poñendo en risco á poboación", en particular ós traballadores da mina. 

 

Neste aspecto, cómpre destacar que concesión de explotación directa que está a ser tramitada afectaría a unha superficie de 60 cuadrículas mineiras (1.500 hectáreas) que, segundo os ecoloxistas, se repartiría nos concellos de Avión, Beariz, Forcarei, A Lama e Cercedo. 

 

Ante estas circunstancias, a plataforma Contraminacción xa entregou as súas alegacións á Dirección Xeral de Minas para que sexa desenvolta análise ambiental previa. Dun xeito paralelo, en Ecoloxistas en Acción avisan de que, no caso de que os responsables de Enerxía e Minas e Avaliación Ambiental -ambos dependentes da Xunta de Galicia- non "rectifiquen o seu informe e engadan a esixencia da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental",  iniciarán accións legais contra eles. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Pero qué é esto? galiza é un potencia en Coltan( tamén na Penouta Viana do Bolo) somos ricos. Antes de celebralo deberíamos preguntar polos avais, caucións fianzas? e xa postos preguntar tamén se pagan o Imposto de que grava as actividades mineiras en Galicia. Non represento a ninguén. Ao mellor non estaría mal algunha pregunta no Parlamento Galego que se constitue estes días.