Denuncian "o engano" da Xunta cos rastrexadores: "na lista hai sanitarios que non foron avisados"

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública asegura que "non se recibiu ningunha formación" para desenvolver os rastrexos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Nin "saben" que son rastrexadores nin contan con formación para selo. Esa é a denuncia que Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública fai a respecto dunha serie de profesionais sanitarios que, din, a Xunta incluíu na súa listaxe de rastrexadores anticovid. Segundo apuntan dende a plataforma, a Consellería de Sanidade informou recentemente de que Galicia dispón un total de 6.180 rastrexadores, se ben neste grupo "inclúense a profesionais que descoñecen que son os rastrexadores de Feijoó", e que "non recibiron ningunha comunicación de como actuar nestes casos concretos".

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo

Neste aspecto, a denuncia de asociación oriéntanse ó feito de que o persoal sanitario do SERGAS "non recibiu ningunha formación para realizar esta actividade". De forma paralela, aseguran que a día de hoxe "non existe ningún protocolo para realizar e rexistrar o rastrexo na Historia Clínica da poboación", un elemento que a criterio da plataforma resulta "imprescindible para recoller datos e poñer en prática as medidas necesarias".

Por riba, e no caso concreto da atención primaria, dende a Asociación aseguran que o rastrexo sería unha actividade imposible de desenvolver "por falta de tempo". "Investigar os contaxios de cada afectado requiriría de varias horas, algo incompatible con consultas de máis de 40 pacientes diarios". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta