Enfrontamento nas redes pola prohibición de fumar en rúas e terrazas: "Debían mantelo cando pase a pandemia"

Tuiteiros de todo o Estado debátense entre os que o consideran un recorte de liberdades e os que esixen ampliar a prohibición de xeito permanente. Alcaldes da comarca da Coruña apoian a prohibición, aínda que piden medios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/08/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O anuncio da Xunta de Galicia de que prohibiría fumar en rúas e terrazas -sempre que non fose posible garantir a distancia de seguridade- vén de colocar a Galicia no eixo da actualidade internacional e, como non, no foco do debate das redes. Mentres que algúns esixen que a proposta sexa imitada polo resto de comunidades autónomas -Galicia é, polo de agora, a única rexión en adoptala- as redes contan tamén con usuarios que se manifestan en contra da medida por considerala un ataque ós seus dereitos. O debate queda servido.

Cigarros, tabaco, fumador
Cigarros, tabaco, fumador | Fonte: Scientificamerican.com

Do outro lado das redes, usuarios de todo o estado critican a medida anunciada na tarde de onte polo executivo de Feijóo por considerala un recorte de liberdades.

En contraste con estas opinións están os que consideran que a prohibición de fumar- tomada de acordo cos riscos do tabaco na transmisión da covid-19- se estenda á totalidade dos supostos, unha vez remate a pandemia.

ALCALDES

Alcaldes da comarca da Coruña apoiaron a prohibición de fumar nos espazos públicos se non se cumpren os dous metros de distancia. Con todo, reclamaron medios xa que algúns admitiron que se trata dunha medida "complexa de controlar".

Así o expuxo o alcalde de Sada, Benito Portela, tras a reunión que manteñen os rexedores da comarca coruñesa con Sanidade para abordar a incidencia da COVID-19 nos seus respectivos municipios.

"A reunión serviu para actualizar a situación epidemiolóxica de cada concello e tamén para comezar a elaborar as listas para realizar PCR ao persoal de servizos municipais como Policía Local ou Protección Civil", expuxo a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez.

Sobre a prohibición de fumar en espazos públicos se non se cumpre a distancia de seguridade, dixo que neste municipio están na "etapa de informar á poboación" e recalcou que a medida "pode ser útil". Sobre a mesma, o alcalde de Sada admite que haberá "dificultades" para controlar que se cumpre.

Da reunión, explica que "varios alcaldes" consideraron que non eran "moi afortunadas" as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apuntando a "relaxación" nos controis. "Estamos a facer un esforzo ímprobo por parte dos concellos", recalcou o rexedor de Sada. "Temos os medios que temos", apuntou a este respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Santa Hipocresia ! En que gastan as súas Señorías os impostos especiais que recadan coas adiccións da xente ? Tabaco, alcohol e xogos de azar... Se tan malos son para a sociedade o tabaquismo, o alcoholismo e a ludopatía ¿non deberan ser finalistas estes impostos especiais? https://theconversation.com/el-dobl...

2 Gamela

Entenden vostedes que o Estado non somos nós, que padecemos un Estado Vividor que lonxe de preocuparse pola saúde das xentes o único que lle interesa é recadar miles de millóns á costa da noso benestar, saúde e felicidade? Seguramente a ninguén importa en que gastan os 9.000 millóns do ano 2017, pero a mín sí me importa, porque cada día que me achego ao estanco a mercar un paquete de veleno é un día menos para mercar froita “fresca” que está polas nubes no país das laranxas! http://gamela00.blogspot.com/2018/0...

1 Gamela

Esto do tabaquismo non ten nada que ver coa pandemia, pero como tantas outras cousas, as máscaras obrigatorias en espazos abertos, a administración paralizada que non tramita nin ERTEs nin axudas ás empregadas do fogar en paro (só 3.000 cobraron algo das 32.000 que o solicitaron!) o IMV que ninguén cobrou (agás os 90.000 que xa cobraban axuda familiar... etc.) Están dándolle voltas ao lío sen resolver nada ! Os políticos de Vacacións !