O Concello de Arteixo pecha dúas áreas recreativas e tamén suspende as feiras

O goberno local de Arteixo avanzou tamén que a Policía Loca reforzará o control dos locais de hostalaría.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/08/2020 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

O Concello de Arteixo (A Coruña) acordou pechar dúas áreas reacreativas do municipio e suspender a feira do sábado, como fixo o Concello de Cambre, "ante o aumento de casos" por COVID-19, segundo informa nun comunicado.

Estas medidas, que se recollerán nun bando e dirixidas a "previr" os contaxios, inclúen, en concreto, o peche ao público das áreas recreativas de Seixedo, nas proximidades do cruzamento de Sabón, e Os Barreiros, situada na parroquia de Monteagudo, "ata novo aviso".

Tamén se suspende a feira prevista para o sábado no núcleo de Arteixo, á vez que desde o goberno local avánzase que a Policía Local reforzará o control dos locais de hostalaría, "en especial no relacionado co cumprimento da normativa relacionada coas terrazas".

Por outra banda, desde o concello lémbrase a todos os veciños e veciñas que é "imprescindible" seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a transmisión do coronavirus.

"Usar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en todas as circunstancias", incide o consistorio, ao que suma outras medidas como lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica; manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros ou evitar aglomeracións e sitios concorridos, así como reunións con máis de dez persoas tanto en lugares públicos como privados.

Patacas, grelos, touciño e cebolas nun posto da feira de Castro Ribeiras de Lea| LX
Patacas, grelos, touciño e cebolas nun posto da feira de Castro Ribeiras de Lea| LX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta