Detectados dous novos familiares na provincia de Ourense cun total de 9 casos

O Sergas segue rastrexando os contactos para saber se hai novos contaxios.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/08/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou senllos brotes familiares de COVID-19 na provincia de Ourense con cinco casos un deles e catro o outro, ambos na localidade de Barbadás.

Segundo informou a área sanitaria de Ourense, un é un brote importado que afecta a cinco persoas dunha mesma unidade familiar composta por un home de 56 anos, dúas mulleres de 50 e 32 anos e dun neno e unha nena que deron positivos tras realizarlle unha proba diagnóstica preventiva. As mesmas fontes indicaron que non presentaban sintomatoloxía e neste momento atópase en situación de illamento no seu domicilio.

O segundo brote tamén en Barbadás afecta a catro persoas, tres dunha mesma unidade familiar composta por dous homes de 72 e 37 anos e un neno, e outro contacto estreito nunha muller de 36 anos, que presentaba "unha leve sintomatoloxía da enfermidade". Os cinco deron resultado positivo tras realizarlle unha proba diagnóstica PCR e neste momento, indicaron as mesmas fontes, atópanse en situación de illamento no seu domicilio.

Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade traballa "co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación", manifestaron as mesmas fontes. Ademais, indican que desde o centro de detección de contactos foron "identificados, estudados e controlados todos os contactos máis estreitos" que están á espera de coñecer os resultados das PCR e aos que "xa se lles recomendou corentena de 14 días" nos que permanecerán monitorados por Sanidade.

VISITAS RESTRINXIDAS EN RESIDENCIAS

Como medida preventiva, por parte da área sanitaria destacaron que Sanidade "restrinxe desde este xoves as visitas e as saídas das dúas residencias sociosanitarias" situadas en Barbadás, así como do Centro de Día neste concello.

Por outra banda, Sanidada considera "pechado" o brote familiar importado de México orixinado no municipio ourensán de Beariz o pasado 9 de xullo. Os resultados das probas diagnósticas PCR de seguimento e confirmación realizadas no seu momento ao catro pacientes que estiveron en illamento domiciliario arroxaron resultado negativo, polo que "se dá por superado o brote", subliñaron as mesmas fontes.

Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos
Axuntando vantaxes da PCR e do test rápidos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta