A Xunta recoñece a 521 deportistas galegos como de alto nivel, o maior número na historia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/08/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Xunta recoñece a 521 deportistas galegos como de alto nivel, polo que alcanza a maior cifra na historia da Comunidade. Así figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), na que se inclúen 22 incorporacións, sete delas son mulleres e 15 homes --entre os cales hai un con discapacidade--.

José Ramón Lete Lasa, con deportistas galegos de alto nivel
José Ramón Lete Lasa, con deportistas galegos de alto nivel | Fonte: Xunta.

Do total de 521, 212 son mulleres e 309 son homes. Entre eles, hai 17 persoas con discapacidade, tamén o número máis elevado nos rexistros.

O pasado 11 de xullo, o Consello da Xunta aprobou o proxecto de decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, que conta como principal novidade que regularán o alto rendemento deportivo e o rendemento deportivo de base.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta