Detido o home que agrediu a súa parella cunha arma branca en Coristanco

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo ao home que agrediu na tarde deste xoves cunha arma branca á súa parella no municipio coruñés de Coristanco.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior

En concreto, o 112 Galicia recibiu sobre as 16,45 horas unha chamada de alerta en relación a unha agresión que se produciu na localidade coruñesa.

Ata a zona desprazáronse efectivos das forzas da orde e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou a unha muller ferida ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Estas mesmas fontes explican que non consta que existisen denuncias previas por violencia machista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta