Por E.P. | | 14/08/2020 | Actualizada ás 20:05
Deseñada para contar de forma precisa todas as entradas e saídas de persoas respectando a súa privacidade, este sistema informa aos empregados continuamente do aforo. Así, reciben unha alerta cando está a piques de alcanzar o máximo para que se poidan tomar medidas "con inmediatez".
A compañía destaca que, ademais, pola súa banda, os clientes dispoñen dunha pantalla informativa nas entradas dos puntos de venda. Un semáforo indica en verde se poden acceder e en vermello se han de esperar.
A compañía reivindica tamén ser "a primeira cadea de supermercados en incorporar termómetros infravermellos para medir a temperatura a distancia dos seus empregados tanto en establecementos como nos seus almacéns e oficinas de Galicia e Castela e León".
Ademais do material de protección persoal facilitado a clientes e traballadores desde o inicio da actual situación, instalou pantallas protectoras de metacrilato nas caixas de cobranza, sinalizou todas as súas tendas co fin de que se respecten as distancias de seguridade,
así como reforzado os labores de limpeza e hixienización, especialmente nas zonas de maior contacto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.