Incerteza entre o estudantado universitario: "Estamos a mediados de agosto e non sabemos nada"

O próximo curso está a piques de comezar, mais moitos estudantes aínda non saben como será o ano académico. Moitos non alugaron pisos á espera do que vai a acontecer.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A volta ao curso escolar é algo que vai ocurrir si ou si, pero non se sabe de que forma. O goberno dedícase a lanzar medidas por mor da Covid-19, pero ninguén fala dun problema real: como será a docencia no próximo curso. Tanto profesores como nais e pais están preocupados polo comezo escolar, sobre todo pola cumplición da distancia de seguridade. A parte do problema que é o inicio do curso escolar para educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato, ninguén fala do curso universitario. Os estudantes das diferentes cidades galegas non saben como vai ser o próximo curso, que comezará en menos dun mes. 

A facultade de Medicina ao lonxe dende a Praza do Obradoiro.
A facultade de Medicina ao lonxe dende a Praza do Obradoiro. | Fonte: Sara Gil

Moitos estudantes viven lonxe do seu centro de estudos, polo tanto teñen que buscar unha vivenda de aluguer alí. En Santiago de Compostela, por exemplo, o centro universitario máis importante de toda Galicia, as vivendas para estudantes escasean xa a finais de xuño. Coa pandemia, non se pode facer ningún plan a longo prazo, mais os estudantes que viven lonxe da súa casa tiveron que buscar un piso para o novo curso cando aínda non saben se as clases son presenciais ou non. 

Estamos a mediados de agosto e aínda non sabemos si teremos clases presenciais”, indica Laura Garrido, estudante da Facultade de Ciencias da Comunicación na USC. “Se eu soupera que teño, por exemplo, unha semana presencial e outra non, quizais non collería un piso de aluguer”, conclúe. 

Por outra banda, Cesar Queixeiro, estudante de Enxeñería Informática na UVigo no Campus de Ourense, terá clases presenciais. “É como debería de ser en todas as carreiras, quedou claro que a teledocencia nin é igual para todos, nin todos os profesores ou carreiras están igual de preparados” ademais de que “de permitir algunha actividade, debería ser a lectiva”, opina o estudante de enxeñería. 

Breixo Liste, estudante de Enxeñería do Diseño na UdC no Campus de Ferrol, terá a docencia partida. "As clases expositivas serán por teledocencia e as clases prácticas serán presenciais", explica. 

PAGO DAS TAXAS

Xoán Domínguez, tamén estudante da Facultas de Ciencias da Comunicacion na USC cree que “as administracións non poden esperar a tomar as decisións a finais de agosto ou setembro ademáis de que é impresentable que non baixen as taxas da matrícula”. 

Moitos estudantes, na situación económica que estamos a vivir, non poden permitirse o pago dun aluguer ademáis das taxas de matrícula, que seguen sendo as mesmas a pesar de que a docencia cambie. "As universidades e o goberno seguen sen solucionar os problemas que supón o pago das taxas e o aluguer para xente con problemas familiares, de conexión e económicos", conclúe o estudante de xornalismo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

As taxas levan conxeladas en Galicia dez anos ! Se tal poden mirar os prezos universitarios na nova república de Catalonia ? Segundo a Ministra Celáa (e Bil Gates) en menos de dez anos todos estaremos pagando cursos on line a 10.000 € o paquete básico ! Así que case mellor aproveitar o que queda da vella Universidade antes de ter que matricularnos on line nos Emiratos Árabes !