CC.OO. denuncia que non se activaran protocolos de protección en instalacións da Xunta logo de varios positivos

O sindicato indica que "non se informou destes positivos nin se adoptaron medidas de illamento para o persoal que puido estar en contacto cos casos confirmados".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/08/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

CC.OO. denunciou este domingo que non se activaron os protocolos de protección dos traballadores tras detectarse varios positivos por COVID-19 nas instalacións da Consellería de Economía, Emprego e Industria no barrio de Elviña, na Coruña.

Nun comunicado, o sindicato explicou que o 14 de agosto tivo coñecemento de que se confirmaron varios contaxios tras realizarse probas PCR en ditas instalacións, pero esa circunstancia non lle foi comunicada ao resto do persoal que traballa alí.

"Non se informou destes positivos nin se adoptaron medidas de illamento para o persoal que puido estar en contacto cos casos confirmados", denuncia CC.OO., que sinala que os responsables da xefatura territorial da Coruña "se limitaron a enviar ás dúas persoas confirmadas para as súas casas".

Así, a organización acusa á Xunta de "abandono de funcións" e pídelle explicacións. "Coa saúde dos traballadores non se xoga, e menos nestes momentos en que os brotes están a aumentar exponencialmente en Galicia e, en particular, na provincia da Coruña", dixo.

Por iso, CC.OO. reclamou a "inmediata adopción" de medidas de protección e avisou de que, "de non ter unha resposta positiva" tomará "as medidas oportunas denunciando esta situación ante a Inspección de Traballo e ante os tribunais competentes".

Edificios centrais da Xunta en San Caetano
Edificios centrais da Xunta en San Caetano | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta