Un software galego de teletraballo triunfa en Europa e en América Latina

eHabilis é unha ferramenta para o teletraballo e foi desenvolvida pola empresa compostelá SDWeb.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A crise orixinada polo coronavirus revolucionou por completo os métodos de traballo nas organizacións e o teletraballo é unha nova forma de traballar que moitos non coñecían antes. eHabilis, software desenvolvido pola empresa compostelá SDWeb, ofrece a mellor resposta de teletraballo aos grandes desafíos que afronta o sector privado nestes intres.

eHabilis, o software para teletraballo que triunfa en Europa e América Latina.
eHabilis, o software para teletraballo que triunfa en Europa e América Latina. | Fonte: eHabilis

Esta ferramenta integra a formación, a dixitalización do coñecemento corporativo, a comunicación a través de videoconferencia e canles de mensaxería interna, e a xestión de tarefas e equipos nun único entorno de traballo, accesible en todo momento dende calquera dispositivo.

A integración e posta en marcha de eHabilis no seo dunha organización é un proceso moi rápido e sinxelo, o que permite responder con eficiencia e a maior brevidade posible ás necesidades actuais das empresas.

O Goberno de España incluíu eHabilis no programa Acelera Pyme, con motivo da actual crise económica e social, como unha das mellores ferramentas para o teletraballo e a colaboración.

EXPANSIÓN NO MUNDO

Dende que a pandemia de coronavirus obrigou ás empresas a realizar cambios profundos nas súas rutinas e estruturas de traballo, a demanda do software galego eHabilis medrou de xeito exponencial. Cada vez máis empresas de España, Alemaña, Francia, Perú ou Colombia apostan por unha ferramenta que facilita a adaptación dos profesionais a un modelo até agora descoñecido para moitos: o teletraballo.

Ademais, eHabilis estableceu nos últimos meses unha rede estratéxica de partners en América Latina que permite integrar a plataforma en base ás necesidades e o contexto concretos de cada país. É o caso de Novatec-Corp, empresa de referencia no sector que opera en seis Estados do continente americano.

RECOÑECEMENTO

Talent Summit, un dos principais eventos do sector tecnolóxico, vén de premiar por segundo ano consecutivo a eHabilis como unha das dez mellores ferramentas para a xestión do coñecemento e o talento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta