Feijóo volve replicar o calendiario de Ukrullu e será investido presidente o 3 de setembro

Tomará posesión o 5 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O debate que culminará coa investidura do popular Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta celebrarase no Parlamento de Galicia os días 1 e 3 de setembro, nun calendario que coincide co do lehendakari vasco Iñigo Urkullu.

Así quedou ratificado tras a Xunta de Portavoces que albergou a Cámara autonómica. Previamente, a próxima semana efectuarase a preceptiva rolda de consultas dos grupos co xefe do Lexislativo, Miguel Santalices.

A vontade de Feijóo era ser investido e tomar posesión canto antes (barallouse a última semana de agosto), pero está pendente de fixar unha conferencia de presidentes que abordaría unha cuestión crave como o inicio do curso escolar. Finalmente, a previsión é que Feijóo tome posesión do seu cargo o 5 de setembro. Inmediatamente, designaría ao seu Goberno.

Alberto Núñez Feijóo durante a rolda de prensa.. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo durante a rolda de prensa.. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta