A Xunta insiste en pedirlle ao Estado que coordine ás autonomías contra a Covid-19

Durante o confinamento, Feijóo insistiu en pedirlle a Sánchez liberdade para xestionar o desconfinamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, instou ao Goberno central a exercer a coordinación para facer fronte á COVID-19 e adopte as modificacións normativas para dotar ás comunidades de capacidade de resposta eficaz e non dicir que "isto é unha guerra pola conta" de cada unha.

Neste sentido, reiterou a petición da Xunta para modificar a Lei de Medidas Especiais en materia de Saúde Pública de modo que se ofrezan ferramentas aos Gobernos autonómicos para tomar medidas ante os brotes ou a extensión do virus, posto que non ten "ningún sentido" que cada vez que se necesite decretar unha medida de confinamento, un cordón sanitario ou limitar o dereito a reunión teña que ser sometido "á ratificación dun xulgado".

Rueda realizou estas declaracións a preguntas dos medios nun acto na Lama, preguntado polas accións concretas solicitadas ao Estado por parte da Xunta. "O que non pode o Estado é desentenderse", sinalou, posto que se trata dunha proposta que vén realizando "practicamente desde o principio": unha modificación normativa que ofreza a competencia ás comunidades para "tomar determinacións sen necesidade de volver declarar o estado de alarma".

Fotos Xunta. Sinatura Covid 19. Xunta de Galicia - Arquivo
Fotos Xunta. Sinatura Covid 19. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Curiosamente, durante o confinamento o presidente galego foi un dos máis incisivos en pedirlle a Pedro Sánchez rematar co estado de alarma para poder xestionar as competencias da descalada en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta