A Covid segue subindo: os positivos superan xa os 1.500 e son xa seis as persoas en UCI

921 son da área da Coruña e destacan os 17 novos casos na área de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Os casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento e sitúanse este martes en 1.505, o que supón 105 máis que este luns --tras subir en todas as áreas sanitarias agás na de Vigo, que se mantén igual que a xornada pasada--, dos que 921 corresponden á da Coruña e Cee --70 máis--.

Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis atópanse en UCI --un máis que este luns--, 55 permanecen en unidades de hospitalización convencional --dous menos--, e 1.444 en seguimento domiciliario --106 máis respecto da xornada anterior--.

Dos 1.505 casos activos, 921 corresponden á área da Coruña e Cee --70 máis que este luns--; 113 á de Lugo --tres máis--; 139 á de Vigo --sen cambios--, 75 á de Pontevedra e O Salnés --cinco máis--; 131 á de Ourense --17 máis--; 67 á de Santiago --catro máis-- e 59 á de Ferrol --seis máis--.

Así mesmo, Sanidade indica que, ata a data, curáronse en Galicia 11.625 persoas, 17 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.505 casos activos na Comunidade galega, 16 están vinculados a centros residenciais, catro máis que este luns, en relación a 11 usuarios e cinco traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 283.781 fronte ás 282.103 rexistradas ata este luns, puntualizou o departamento de Sanidade.

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta