Descenso do 23% das persoas en ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto

Segundo a Delegación do Goberno, o descenso en Galicia foi superior á media estatal, situada nun 19%.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte.

Hotel Rua Villar, Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Hotel Rua Villar, Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).

Javier Losada resaltou o descenso no sector de servizos de aloxamento (36%) e transporte (30%), seguidos por servizos de comidas e bebidas (29%), comercio e venda de vehículos de motor (20%), ocio, cultura e actividades deportivas (19%), educación (13%) e comunicación, publicidade e edición (8%). 

O descenso dos ERTE en Galicia é superior á media estatal, situada nesta primeira quincena de agosto nun 19%.

Os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) vinculados á pandemia da COVID-19 son considerados de forza maior. Levan asociada unha prestación económica mentres non se recupere a actividade laboral, un feito que pode realizarse ata o 30 de setembro, data final da prórroga desta medida de protección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta