Xa son oito os positivos por COVID relacionados cun cámping de Muros

O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia



O brote relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a oito casos, tras obter resultado positivo outra persoa vinculada, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

As mesmas fontes sanitarias explicaron que leva a cabo un estudo de contactos deste novo caso, con domicilio en Santiago de Compostela.

O sábado pasado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se sumaron xa outro cinco.

Costa de Muros
Costa de Muros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta