Galicia entrará a formar parte da APP "Radar Covid" para a rastrexar o coronavirus

A adhesión á app será voluntaria e garantirá a privacidade e confidencialidade de datos que se inclúan na mesma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicou este martes ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia de adherirse á aplicación de rastrexo 'Radar Covid' que desenvolve o Goberno central.

Nun comunicado remitido aos medios, o responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema 'Passcovid', que nestes momentos testa en fase piloto a Xunta e que, segundo indicou, "será completamente interoperable coa app estatal".

O conselleiro informou da vontade de Galicia de adherirse ao novo sistema de rastrexo e control 'Radar Covid', que desenvolve nos últimos meses o Goberno de España, a través dunha carta.

Almuiña sinala que a actual crise sanitaria fai necesario atopar novas vías de control e seguimento para combater a expansión do virus SARS-COV2, e así conseguir unha xestión o máis optimizada posible da súa evolución.

Neste sentido, remarca que 'Radar Covid' é unha ferramenta de participación coidada que, grazas á súa axilidade e eficacia, contribuirá a mellorar a detección precoz de novos casos e, así mesmo, adoptar tamén medidas adecuadas con maior celeridade e precisión, respecto de situación epidemiolóxica.

'PASSCOVID'

Ademais, a Xunta explicou que a aplicación 'Passcovid' é unha canle telemática e preferente de contacto de residentes e transeúntes en Galicia que, a través da tecnoloxía Bluetooth e grazas á conexión co Servizo Galego de Saúde e á Central de Rastrexo de Contactos, permitirá coñecer con precisión a rastrexabilidade da COVID-19 na comunidade galega.

A Xunta de Galicia agrupará nunha única app un conxunto de utilidades para a cidadanía, incluída a do rastrexo automatizado de contactos, que servirán de soporte e axuda para os profesionais sanitarios. Deste xeito, a adhesión á app será voluntaria e garantirá a privacidade e confidencialidade de datos que se inclúan na mesma.

As persoas que descarguen 'Passcovid' poderán optar por facelo mediante un perfil personalizado ou ben por un perfil anónimo. No primeiro dos casos, os usuarios que desexen rexistrarse poderán facelo a través da identificación segura Chave365, recibindo alertas, mensaxes e consellos prácticos, en función da súa relación coa COVID-19.

Pola súa banda, as persoas que opten por un perfil anónimo, recibirán mensaxes de forma máis xenérica, que incidirán nos protocolos sanitarios vixentes en Galicia.

En ambos os casos, se a persoa usuaria decide, de forma voluntaria, activar a súa geolocalización, as alertas referiranse a a localización de cada persoa en cada momento. Deste xeito, facilitaranse datos máis específicos, como poden ser os brotes activos nese concello, os protocolos vixentes no municipio ou as medidas sanitarias que debe adoptar.

Pantallazo app Radar Covid. EUROPOA PRESS
Pantallazo app Radar Covid. EUROPOA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta