Os novos casos de COVID-19 en España superan os 2.000 e Sanidade engade 5.000 positivos á cifra total

En Galicia o número de novos casos é de 124, o número de falecidos na nosa comunidade é de tres persoas e o número de ingresos a semana pasada foi de 61.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/08/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O Ministerio de Sanidade informou este martes de 2.128 novos casos de COVID-19, unha subida de 300 fronte a onte (1.833). Tamén se actualizou a cifra de contaxiados total, que ascende a 364.196, ao redor de 5.000 máis que os notificados este pasado luns (359.082). Nas últimas dúas semanas ata 17.833 persoas iniciaron síntomas, 4.678 no pasados sete días.

Dos 2.128 positivos nas últimas 24 horas, 202 producíronse en Andalucía, 374 en Aragón, 20 en Asturias, 86 en Canarias, 19 en Cantabria, 29 en Castela-A Mancha, 25 en Castela e León, 69 en Cataluña, oito en Ceuta, 46 en Comunidade Valenciana, 32 en Estremadura, 124 en Galicia, 704 en Madrid, cinco en Murcia, 49 en Navarra, 282 en País Vasco e 54 na Rioxa.

No últimos sete días faleceron 63 persoas con proba diagnóstica de coronavirus positiva confirmada, para un total de 28.670 mortos, segundo as cifras oficiais achegadas por Sanidade coa información solicitada das comunidades autónomas.

Dos 63 novos falecementos, nove déronse en Andalucía, tres en Aragón, un en Baleares, dous en Canarias, un en Cantabria, dous en Castela-A Mancha, seis en Castela e León, tres en Cataluña, dous en Comunidade Valenciana, dúas en Estremadura, tres en Galicia, 25 en Madrid, dous en Murcia, un en Navarra e un na Rioxa.

Ademais, na pasada semana producíronse 1.096 ingresos hospitalarios (130.015 no cómputo global da pandemia): 144 en Andalucía, 139 en Aragón, catro en Asturias, 24 en Baleares, 58 en Canarias, 24 en Cantabria, 84 en Castela e León, 42 en Cataluña, un en Ceuta, 118 en Comunidade Valenciana, 14 en Estremadura, 61 en Galicia, 308 en Madrid, 35 en Murcia, 33 en Navarra, un en País Vasco e seis na Rioxa.

Tamén se rexistraron 65 ingresos en unidades de Coidados Intensivos (UCI), cunha cifra global de 11.992 desde que chegou o COVID-19 a España: 16 en Andalucía, tres en Aragón, cinco en Baleares, sete en Canarias, un en Castela-A Mancha, seis en Castela e León, un en Cataluña, oito en Comunidade Valenciana, sete en Galicia, cinco en Madrid, dous en Murcia e catro en Navarra.

Varias persoas gozan nunha terraza. Eduardo Parra - Europa Press
Varias persoas gozan nunha terraza. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta