A campaña de incentivos do Concello da Coruña para a reactivación leva case 1.500 descargas da súa APP

Segundo o concelleiro da Coruña de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, trátase "dunha das medidas máis relevantes do plan de reactivación económica e socialde A Coruña".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/08/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A campaña de incentivos ao comercio, á hostalaría e á cultura que o Concello da Coruña puxo en marcha o pasado 5 de agosto dentro do plan de reactivación económica e social da Coruña leva 1.485 descargas da APP Comerciantes, segundo informa o consistorio. En canto ás persoas que xa se descargaron bonos desconto suman un total de 6.315 ata o momento.

"Trátase dunha campaña que mobiliza 1.670.000 euros, que chegan de forma directa ao comercio de proximidade, á hostalaría e á industria cultural da cidade, mediante a posta en marcha de bonos desconto", explica o goberno local.

Ata o momento, o 68% dos establecementos rexistrados son comercios, os 21% negocios de hostalaría e o 11% corresponde ao sector cultural.

Segundo o concelleiro da Coruña de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, trátase "dunha das medidas máis relevantes do plan de reactivación económica e socialde A Coruña".

Reunión da alcaldesa da Coruña Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
Reunión da alcaldesa da Coruña Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta