CCOO asegura que a Consellería de Política Social "improvisa" na apertura das escolas infantís

O sindicato non comparte a "falta de previsión" coa que a Consellería pensa comezar o vindeiro curso. A consellería di que conta desde o mes de xullo cun plan de reactivación con medidas específicas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

CCOO afirma que a Consellaría "improvisa" na reapertura das escolas, prevista para o vindeiro 4 de setembro, xa que non se produciu unha dotación axeitada de medios materiais e humanos, malia as reiteradas peticións do sindicato.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa visita á escola infantil A Farixa. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa visita á escola infantil A Farixa. XUNTA

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia non comparte a "falta de previsión" coa que a Consellaría de Política Social ten pensado comezar o curso 2020-2021 nas escolas infantís da súa competencia, adscritas tanto á Axencia de Servizos Sociais como ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade.

Desde o sindicato lembran que estes centros están sen atención nin persoas usuarias desde o pasado mes de marzo, cando se viron obrigadas a pechar pola declaración de estado de alarma e a emerxencia sanitaria da COVID-19.

Segundo a FSC-CCOO, para poder implementar o protocolo establecido, cómpre reducir a ratio de nenas e nenos por aula e para reducir o ratio ratio é preciso incrementar o número de educadoras e educadores, de xeito que as escolas infantís conten coas denominadas "aulas burbulla".

O sindicato lembra que tamén cómpre reforzar o servizo nas protocolos de desinfección, que implican traballo extraordinario.

FSC-CCOO denuncia, no caso do Consorcio, a falta de medios de protección «tan básicos» como uniformes suficientes e podelos lavar no propio centro, así como un stock para o persoal substituto. O sindicato recorda que a maioría das escolas infantís galegas non contan con espazos que poidan utilizarse para dividir unidades. 

A CONSELLERÍA DI QUE TEN PLAN

Pola súa banda, a Consellería de Política Social lembrou este mércores que Galicia conta desde o mes de xullo cun plan de reactivación con medidas específicas para as escolas infantís co fin de que os nenos poidan regresar aos centros con seguridade. Xunto ás gardarías, poderán abrir as súas portas cásalas niño, espazos infantís e ludotecas, ademais dos puntos de atención á infancia.

Precisamente, a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse este mesmo día con representantes da Asociación Galega de Escolas Infantís de titularidade privada, co obxectivo de abordar os detalles previos ao comezo do curso. O protocolo conta con medidas preparativas ademais de cuestións organizativas, de hixiene, limpeza e de actuación e reacción ante un posible caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta