A CRMH pide abrir unha investigación contra o rei emérito trala súa fuxida

"As institucións deben perseguir a corrupción, non protexela", asegura a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Do Bloque a Podemos, pasando por ERC, EH-Bildu, Junts per Cat e a CUP. Cada vez son máis voces de dentro e fóra da política as que piden abrir unha investigación ó rei emérito tralo seu abandono das fronteiras do Estado como resultado do suposto cobro de comisión ilegais na obra do AVE á Meca. A última organización en sumarse é a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), que insta ás institucións públicas a abrir dilixencias de acordo co papel que "a transparencia e os valores cívicos" xogan "nunha sociedade moderna".

O rei emérito
O rei emérito | Fonte: RTVE

Dende a plataforma adicada á reconstrución do pasado galego e do Estado destacan que estas institucións  "deben perseguir á corrupción, non protexela". Por esta razón, ven preciso "abrir unha investigación dirixida a Juan Carlos de Borbón" polos presuntos delitos de "branqueo de capitais ou evasión fiscal" nos que o emérito se vería inmiscuido. 

Dende a plataforma van máis alá e apuntan que estes presuntos delitos "cometéronse por non ter controis democráticos suficientes nas institucións, o que vai contra a calidade da nosa democracia". Xustamente por iso, e "coa fin de termos unhas institucións democráticas" a CRMH anuncia que prestará o seu apoio a  "todas as convocatorias que reclamen un uso do poder o máis transparente posible e controlado polas institucións elixidas polo pobo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Geronimus

Pódese saber que ten que ver o rei emérito coa Memoria Histórica? Ou é que hai que pillar outra subvención?