Aumentan a 10 os casos positivos do brote relacionado cun cámping de Louro, en Muros

O caso inicial fixera a PCR na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O brote de COVID-19 relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a dez casos, tras obter resultado positivo outras dúas persoas vinculadas con respecto a este martes, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

As mesmas fontes sanitarias explicaron que este brote parte dun caso índice que se fixo a PCR na Coruña, ao que se sumou outra na mesma área.

O sábado pasado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se sumaron xa outros sete.

Monte Louro, en Muros
Monte Louro, en Muros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta