Lavacolla recuperará o enlace con Bilbao a partir do 16 de setembro

Contará con catro frecuencias semanais que serán ampliadas a sete a partir do 25 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

Air Nostrum, a aerolínea franquiciada de Iberia para voos rexionais, recuperará o 16 de setembro a ruta que conecta Bilbao con Santiago de Compostela. Segundo indicou a aerolínea nun comunicado, o restablecemento desta ligazón tradicional da compañía, que viña operando de forma ininterrompida desde 1997, "avanza o proceso de paulatina de recuperación de rutas que se viron interrompidas como consecuencia das limitacións á mobilidade derivadas da regulación imposta polo Goberno para tentar atallar a pandemia".

A ruta Bilbao-Santiago de Compostela renovarase o 16 de setembro e operarase con catro frecuencias semanais: mércores, xoves, venres e domingos. Os mércores o voo sairá de Bilbao ás 18.30 horas, e de Santiago de Compostela ás 20.05 horas; mentres que os xoves, venres e domingos a saída desde Bilbao será ás 17.00 horas, e de Santiago de Compostela ás 18.35 horas.

Na tempada de inverno, a partir do domingo 25 de outubro, a operación refórzase e disporá de sete voos semanais (martes, mércores, xoves e domingos) con dobre frecuencia as xornadas laborables, o que permitirá ida e volta no día en ambas as direccións.

Despeque dun avión de Air Nostrum nunha imaxe de arquivo.. AIR NOSTRUM - Arquivo
Despeque dun avión de Air Nostrum nunha imaxe de arquivo.. AIR NOSTRUM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta