Os sindicatos esíxenlle á Xunta que faga probas a todo o persoal ante o aumento de casos

Piden probas epidemiolóxicas especialmente para os traballadores que traballa de cara ó público.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Probas de covid-19 para todo o persoal da Administración con atención directa ó público. Esa é a petición que CC.OO. e UGT veñen de dirixir á Dirección Xeral da Función Pública, dependente da Xunta, para "previr -na medida do posible- un aumento na expansión dos contaxios entre o persoal público e a cidadanía".

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR no Centro de Especialidades Carabanchel Alto onde durante a xornada de hoxe, o Goberno rexional da Comunidade de Madrid comezou a reali. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR no Centro de Especialidades Carabanchel Alto onde durante a xornada de hoxe, o Goberno rexional da Comunidade de Madrid comezou a reali. Ricardo Rubio - Europa Press

A esixencia chega horas despois de que CC.OO. Ourense solicitara ó Concello auriense un rastrexo epidemiolóxico semellante ante o aumento de casos xeralizado en toda Galicia. Este inceemento estase a dar en particular na área sanitaria da Coruña e Cee, que hoxe supera xa os 1.000 casos logo de sumar 85 en apenas 24 horas.

Ante este "incremento exponencial de contaxios de COVID-19 en Galicia", os sindicatos esixen a realización de probas diangósticas ó persoal dos rexistros, das oficinas de emprego, dos Servizos de Mediación e Arbitraxe e, en suma, de todas as oficinas de atención ao público. "En definitiva, que non se limiten só ao persoal de atención directa aos usuarios da Consellería de Política Social e ao persoal docente de primaria e secundaria da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional", como ata agora sucede.

MÁSCARAS NON SÓ PARA OS MÉDICOS

Dun xeito paralelo, dende as formacións sindicais esixen á Xunta que lle proporcione ao seu persoal "os equipos de protección adecuados ao nivel de risco", unha dotación que "cando menos" deberá corresponder con máscaras protectoras. CC.OO. e UGT insisten en estender esta provisión máis alá do ámbito sanitario para abranguer "todos os centros de traballo". Á parte, instan á Xunta a adoptar medidas para "controlar a coincidencia masiva de persoas",  nos centros de traballo durante as franxas horarias de previsible maior afluencia, unha labora que ao ser veu require de protocolos e ratio de atención e asistencia física.

Para máis información

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta