Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/08/2020 | Actualizada ás 19:14
O Concello do Barco de Valdeorras rexistra un brote de coronavirus con catro positivos dunha mesma familia, dúas deles nenos.
Segundo informa a área sanitaria de Ourense, o pasado martes, 18 de agosto, detectáronse dous positivos dunha mesma familia dun home de 45 anos e unha muller de 40 anos. Ambos presentaban unha sintomatoloxía leve.
Desde ese momento está en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde.
O seguimento dos seus contactos arroxou este xoves dous novos casos positivos na súa familia tras realizarlles probas PCR. Son dous nenos que actualmente non teñen síntomas e tamén están en illamento domiciliario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.