Día negro en Galicia coa morte de dous anciáns por Covid, os dous da residencia do Incio

Os falecidos en Galicia son xa 628

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A morte de dous homes de 93 e 77 anos de idade elevan a 628 os falecidos con coronavirus COVID-19 en Galicia. Os dous eran do centro cun brote con máis de 65 casos entre usuarios e traballadores no Incio. Un morreu no hospital e o outro no propio centro que xa foi intervido pola Xunta.

Segundo informou a Consellería de Sanidade este venres, os dous últimos falecementos, notificados este venres, corresponden a dous homes da área sanitaria de Lugo de 93 e 77 anos que tiñan patoloxías previas.

Deste xeito, dos 628 falecementos rexistrados en Galicia desde o inicio da crise sanitaria pola COVID-19, 133 rexistráronse en residencias, un máis que este xoves, e 143 en hospitais e residencias integradas, un máis que a xornada pasada.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta