CIG-Ensino ratifica que proporá mobilizacións en setembro ou folga se a Xunta non rectifica o seu protocolo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

CIG-Ensino, sindicato maioritario no ensino público, ratificou, nun comunicado difundido este venres, que, se a Xunta "non rectifica" o protocolo para a volta ás aulas, proporá ao resto de centrais e da comunidade educativa mobilizacións en setembro e unha folga.

O sindicato incidiu na "incerteza" derivada da pandemia que hai ás portas de que arrinque o curso escolar e advertiu que o anuncio da máscara obrigatoria a partir dos 6 anos é "unha medida insuficiente".

E é que con ela, ao seu xuízo, a Consellería "busca de novo non investir nin un só euro en redución de cocientes e na contratación de persoal docente e non docente, as únicas medidas que "poden contribuír a garantir a seguridade e a distancia social" no colexio.

Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo
Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta