Nova loita veciñal contra un megavertedoiro de animais mortos proxectado na comarca de Ordes

Varios colectivos da comarca de Ordes reúnen máis de 600 alegacións contra a ampliación de GESUGA no concello de Cerceda que querer traer a Galicia e tratar reses mortas do norte de España e Norte de Portugal.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 22/08/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

GESUGA presentou un proxecto ó concello de Cerceda para ampliar en 104.000 m2 as súas instalacións para absorber o aumento de producción con residuos cárnicos e reses mortas procedentes de Asturias, Cantabria, León e norte de Portugal. Un proxecto que está provocando un dos movementos de oposición máis fortes que se recordan na comarca.

Por iso, na maña do venres 21 presentábanse alegacións en diferentes rexistros de Galicia para mostrar oposición ó plan de ampliación de GESUGA. A mobilización foi tal que varios dos rexistros quedaron colapasados pola cantidade de documentación que chegaba. A veciñanza e asocicións da comarca como Asociación de Afectados polo vertedorio de Lesta e Salvemos a Comarca de Ordes presentaron máis de 600 alegacións.

A enorme preocupación que supoñen os riscos de contaminación ambiental e a afectación a saúde pública polo transporte e tratamento destes residuos, así como á calidade de vida das parroquias veciñas gravemente afectada xa hoxe polos insoportables cheiros da planta, está a xerar unha enorme preocupación e rexeitamento na cidadanía.

Moitas destas alegacións apuntan que as instalacións de GESUGA non se axustan á lexislación e á normativa urbanística en vigor, o que se considera un dos motivos polos que o planeamento do concello de Cerceda non pode ser modificado para este fin. Ao fío deste dato os afectados están empezando a considerar que accións se poden tomar para restituír a legalidade urbanística e ambiental.

Os opositores ao proxecto fan fincapé, como apuntan nun comunicado, no feito que o promotor da modificación puntual do planeamento é a propia empresa, cando esta figura urbanística está reservada unicamente para os concellos, o que podería constituír un vicio de forma na propia tramitación. Advertencia que tamén fai o secretario municipal no seu informe.

Os colectivos tamén denuncian dificultade para acceder á documentación exposta ao público que debería estar exposta. Seis días despois de iniciado o proceso de exposición pública non se podía consultar a documentación nas oficinas municipais, e a día de hoxe aínda non se pode consultar na páxina web do mesmo. Resulta evidente que se están a furtar dereitos da veciñanza e incumprindo, ademais, a lo menos a lexislación en materia de medio ambiente, urbanismo e de procedemento administrativo.

Tratamento de peles nun vertedoiro de Gesuga
Tratamento de peles nun vertedoiro de Gesuga | Fonte: gesuga.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta