Un exconselleiro convertido en fotógrafo

Roberto Varela presenta en Meaño unha exposición de fotografías do confinamento que quere ser unha homenaxe á súa nai.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/08/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O exconselleiro de Cultura Roberto Varela inaugura este domingo no seu Meaño natal unha exposición de fotografías sobre o "silencio atronador" do confinamento por mor da pandemia, que el viviu en París, onde é conselleiro de Asuntos Culturais da Embaixada de España.

Varela explicou a través dun comunicado que a mostra leva por título 'Le silence' porque foi feita en París, "nun momento de gran silencio: durante o confinamento". "Foron días moi tristes e o que lembro é unha non-imaxe, que é ese silencio que tento plasmar nas fotografías", indicou.

Sinalou que durante o confinamento faleceu a súa nai e foi "moi frustrante" non poder viaxar a Galicia para despedirse. Por iso, manifestou que non pretende que as fotografías conten a súa vida, pero "todas teñen unha historia detrás" e algunhas conteñen obxectos que lle gustaron a ela.

O diplomático, que foi conselleiro entre 2009 e 2012, no primeiro mandato de Alberto Núñez Feijóo, considera que a cultura é "outra vítima" coa que a pandemia "ensañouse". O golpe, reflexiona, foi "moi duro" para a cultura tanto desde o punto de vista da práctica como do acceso á mesma.

O exconselleiro de Cultura e actual conselleiro de Asuntos Culturais na Embaixada de España en París, Roberto Varela. ROBERTO VARELA
O exconselleiro de Cultura e actual conselleiro de Asuntos Culturais na Embaixada de España en París, Roberto Varela. ROBERTO VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pepópteros non

Pobre psoe. Un pepeiro de conselleiro de asuntos culturais na embaixada. Tan acabados están que non teñen dos deles.

1 Sus

Igual a cousa é máis sinxela. O posto de Conselleiro de Embaixada (de Asuntos Culturais, Comerciais, etc) ben pode estar ocupado por un funcionario e non por un político. Ás veces, mellor caladiños!