Os casos activos en residencias mantéñense en 85, dos que 66 son usuarios

Dá positivo un segundo traballador da residencia DomusVi de Lalín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Os usuarios e traballadores de residencias infectados con COVID-19 en Galicia son 85 este domingo, cifra que se mantén sen cambios con respecto ao sábado. Do total, 66 son persoas maiores, 56 deles usuarios da residencia do Incio e 19, traballadores.

Os datos das consellerías de Sanidade e Política Social actualizados este domingo, con cifras de última hora do sábado, mostran que o centro residencial da Fundación San Rosendo no Inicio ten un caso menos e sitúase en 64, dos que 56 son usuarios --un menos que onte tras a morte dun residente-- e oito, empregados.

Un dos maiores que se infectou nesta residencia faleceu onte no Hospital Lucus Augusti de Lugo, onde fora trasladado tras empeorar o seu estado. Trátase dun home de 68 e, coa súa morte, son tres as relacionadas co brote neste centro residencial, intervido pola Xunta.

Outro dos cambios que reflicte o parte é o dun segundo traballador da residencia DomusVi de Lalín que deu positivo pola enfermidade. Neste caso, non hai maiores afectados polo momento.

Deste xeito, dos 66 usuarios de residencias infectados, 56 son os do Incio e os 10 restantes corresponden a maiores da residencia Orpea de Culleredo. Neste centro o brote mantense sen cambios con respecto ao sábado, posto que tamén o número de empregados está estable en catro.

Ademais dos oito traballadores afectados no Incio, os dous de Lalín e este catro en Culleredo, hai un caso en cada unha das seguintes residencias de maiores: DomusVi de Monforte; residencia de Paradela; San Bartolomeu de Xove; e DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles. Súmase a estes casos o dun traballador da residencia de discapacitados das Flores, en Ourense.

Imaxe de arquivo de dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Imaxe de arquivo de dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio, en Lugo (España), onde se detectou un brote de coronavirus, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta