Ferida unha muller ao caer por un terraplén na ruta que fai Rajoy cando está en Galicia

O incidente tivo lugar na Ruta da Pedra e da Auga, en Meis.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/08/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na tarde do domingo ao caer por un terraplén na Ruta da Pedra e da Auga, no municipio pontevedrés de Meis.

Para coñecer a súa posición e que fose atendida, un compañeiro da muller ferida enviou a súa localización ao 112 Galicia través da aplicación de WhatsApp.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu preto das 18,50 horas. Así, solicitouse a intervención do 061, axentes da Garda Civil e Bombeiros de Ribadumia, que se desprazaron ata o lugar para rescatar á muller. Unha vez liberada e accesible, foi finalmente trasladada nunha ambulancia a un centro médico.

Rajoy na ruta da pedra e da auga de Meis
Rajoy na ruta da pedra e da auga de Meis | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta