Brutal caída do turismo en hoteis, cun 50,87% menos este xullo en Galicia

A maioría son españois, 233.00, fronte a 24.800 doutros países.

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 24/08/2020 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Os hoteis de Galicia rexistraron 598.513 pernoctacións no mes de xullo, o que supón un descenso do 50,87% en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por viaxeiros, os hoteis da rexión registaron 257.870 turistas, o que supón un descenso do 52,13% con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Se temos en conta só aos viaxeiros españois, un total de 233.067 aloxáronse en establecementos hoteleiros en Galicia durante o pasado mes. Outros 24.803 foron estranxeiros.

Mentres, Galicia rexistrou o 5,2% do total de pernoctacións o pasado mes de xullo, unha porcentaxe superior ao do ano pasado que se situou no 2,8%. O grao de ocupación por prazas foi do 31,5%, fronte ao 35,6% a nivel estatal.

DESCENSO EN TODA ESPAÑA

No conxunto de España, as pernotacións en establecementos hoteleiros esborralláronse un 73,4% en xullo respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata superar os 11,4 millóns, a pesar da finalización do estado de alarma e a apertura progresiva de fronteiras.

É o quinto mes consecutivo no que, como consecuencia da crise sanitaria, descenden as pernoctacións nos hoteis españois tras as baixadas do 66,5% de marzo, do 100% en abril, do 99,2% en maio e do 95,1% en xuño.

Pernoctaciones hoteleiras en xullo en Galicia. EPDATA
Pernoctaciones hoteleiras en xullo en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta