Caballero avanza unha oposición "leal" pero urxe decisións fronte á COVID e ante o inicio do curso

"Os galegos optaron pola continuidade, pero pedimos a Feijóo que goberne Galicia,", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou este luns que os socialistas farán unha oposición "leal" unha vez que o popular Alberto Núñez Feijóo sexa investido por cuarta vez presidente da Xunta, pero urxiu decisións fronte á COVID-19 e o inicio do curso, ademais de lanzar un aviso ao PPdeG: terá "enfronte" ao PSdeG se mantén a "inacción" ou acomete "recortes".

Así o trasladou á saída do encontro que mantivo co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, no marco da tradicional rolda de consultas previa ao pleno de investidura que está convocado para a próxima semana: os días 1 e 3 de setembro.

En declaracións aos medios, Caballero defendeu que "respecta o veredicto" dos galegos nas urnas, onde se elixiu "continuidade" e ratificou a súa disposición a traballar "ao servizo" da Comunidade e dos seus cidadáns.

"Optaron pola continuidade, pero pedimos a Feijóo que goberne Galicia, que non deixe pasar un día máis sen tomar decisións fronte á crise sanitaria, social e económica que hai", advertiu, para anticipar, a continuación, as esixencias socialistas: "unha defensa férrea" dos servizos públicos e que adopte as medidas precisas fronte ao avance da COVID e a volta ás aulas.

Neste sentido, o dirixente socialista esixiu a Feijóo que "deixe de estar de perfil", á vez que defendeu a necesidade "dun cambio" para "non seguir na liña dos recortes".

Así, aínda que ofreceu "man tendida", tamén se reafirmou en que o PSdeG combaterá "recortes" se os hai porque "desta crise hai que saír con políticas de servizos públicos e de servizo á xente".

Gonzalo Caballero e Miguel Santalices na rolda de consultas pola investidura
Gonzalo Caballero e Miguel Santalices na rolda de consultas pola investidura | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Agora vainos tocar a nós comer can norcoreano ! Non se mira nada do IMV e non será polos 14 postos de solicitude que puxo o seu tío Abel a disposición da cidadanía! Seica a Seguridade Social anda moi lenta á hora de recoñecer e PAGAR as axudas prometidas ? Eso non son "recortes" son simplemente ESTAFAS !